Terceira División
CD Choco 0-0 Barco
O de Juan Amoedo sumaron un empate e aguantaron o marcador cun home menos nun partido moi competido. O encontro comezou con posesión para os redondeláns , o lles permitía xogar en área rival e xerar ocasións de gol que, finalmente, non lograron materializar. No minuto 15 tentaríao Comis sen resultado positivo para os seus. No 22 sería Óscar Martín o autor dun lanzamento que atallou Cortegoso, quen fixo dúas boas paradas neste primeiro tempo. Co paso dos minutos máis dominaba o Choco. Apertaba en portaría rival pero finalmente o primeiro tempo acabou sen que o marcador se movese. Logo do descanso a tónica da primeira parte repetiuse. O Choco seguía dominando o encontro coa posesión de balón, xeraba ocasións de gol pero non lograba materializalas. Unha decisión arbitral que supuxo a expulsión de Kopa por dobre amarela, no minuto 66, condicionou o resto do partido. A falta cometida polo xogador choqueiro foi atallada por Cortegoso, que asinou un gran partido, e de novo no minuto 80 evitou un gol de Villar. O último tramo de partido definiuse pola acumulación de cartóns para uns e outros, con poucas ocasións claras para os bloques, e quedaría o 0-0 no luminoso. Un punto máis para o CD Choco que con este suma seis. E sen tempo para o descanso o mércores os de Juan Amoedo disputarán o partido aprazado contra o Polovorín ás 19.00. E na xornada do domingo viaxan ao Morrazo, visitan o campo do Alondras.
CD Choco: David Cortegos (p), Chisco, Alberto Suárez, Comis, Jorge Maceira, Félix, Álex Pérez, Toni Armada, Rancaño, Kopa e Torres. Tamén xogaron, Alex Figueroa, Berni, Campelo e Tomás Abelleira.
CD Barco: Aitor Arias (p), Juan, Iago López, Juanma Justo, Óscar Martín, Javi Pazos, David Álvarez, Andrés, Duque, Victor, Ivi Vales. Tamén xogaron Oli, M. Morais e Villar.
Segunda Galicia
Atl. Vilar 1-2 Ribera
Próxima xornada Tebra-Vilar
Terceira Galicia
Chapela 2-2 Colexio Apóstol
Na próxima xornada vigo 2015-Chapela, no campo federativo de Coia
Fútbol Sala
Terceira Nacional
Campito 8-1 Pontedeume
Duelo na parte baixa da táboa no que se impuxeron de xeito abafante os de Chapela. Primeira vitoria para os de Santi Domínguez que superaron ao Pontedeume por goleada. O Campito está agora por riba na táboa, no 12º posto. Na próxima xornada visitan o Novo Mesoiro para medirse ao 5 Coruña FS, 9º clasificado.
Preferente Sur
Redondela Maramar 3-0 Baiña
Vitoria para o Redondela, que se impuxo aos de Baiona. Na próxima xornada repiten como locais. Reciben ao Cios Vigo Mondariz no pavillón da Marisma.
Verín Cigarrón 2-2 Arealonga
Os de Chapela conseguiron un importante empate nunha pista moi complicada, a do Verín. Comezan así sumando un punto, e na próxima fin de semana tocaralles de novo desprazarse, será ao pavillón de Baiona para medirse ao Baíña.
SD Pazos de Borbén 8-1 Cesures
Comezaron con vitoria en Pazos, e por goleada. Partido moi serio dos de Amoedo, que comezan así con bo pé a competición ligueira. A próxima cita é no pavillón do F.S. As Neves.