Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A oposición rexeita o complemento salarial proposto polo goberno para a Policía Local

pleno votación

Os tres partidos políticos da oposición (PP, AER e BNG) votaron en contra dunha proposta que beneficiaría particularmente aos traballadores da Policía Local xa que buscaba aprobar un complemento de nocturnidade e festividade que se aplicaría ao cadro de persoal deste servizo. Os grupos da oposición argumentaron o seu rexeitamento a proposta porque “non está negociada nin cos representantes sindicais nin co resto dos grupos políticos da corporación”. Dende o goberno insistiron en que dito complemento non estaría pechado ao resto dos traballadores e afirmaban ter intención de “seguir negociando cos sindicatos”.

Un debate plenario que chegaba logo de que durante a mañá os propios traballadores do concello, convocados pola sindicatos CSIF, CIG e UXT saíran a rúa para protestar por unha medida que entenden inxusta ao non beneficiar a todos os traballadores municipais senón exclusivamente a Policía Local e que “foi negociada a costas das centrais sindicais e da mesa de negociación”.

Nese ambiente, e con representantes sindicais no proio auditorio, arrancaba un debate no que a voceira do PSOE, María Castro, insistía na súa intención de aprobar ese complemento “promovido por un colectivo concreto como so os policías municipais porque son os máis afectados ao realizaren unha labor que lles obriga a traballar durante todo o ano tanto en horario nocturno como en festivos”. Engadindo que a intención do goberno local sería que “dito complemento se lle asigne a toda persoas que realicen o seu traballo habitual nese horario”.

María Castro, PSOE

Unha explicación que non convencía aos grupos da oposición. O BNG falaba de deslealdade do goberno “que non falaron nin negociaron nin co resto dos grupos políticos -cando están en minoría- nin cos sindicatos”. Criticaba o edil Xoán Carlos González que se estea a empregar a táctica do “divide e vencerás” entre os propios traballadores.

Xoán Carlos González, BNG

AER solicitaba que o punto se deixara sobre a mesa e se negociaran os cinco complementos que se poderían apicar aos traballadores dependendo das tarefas que realicen: asistencia, nocturnidade, festividade, dispoñibilidade e condución. Malia centrar as súas críticas no goberno de Digna Rivas tamén facía referencia Manuel Vilas a que se trata dun problema que ven do goberno anterior onde se implementaron as coñecidas como horas triples que supuxeron un problema polo elevado custe de ditas horas.

Manuel Vilas, AER

Os populares criticaron no seu discurso “a falta de transparencia e de capacidade de negociación do goberno local”. Carmen Amoedo convidaba a Rivas a “deixar o punto sobre a mesa e sentarse a falar” para solucionar un problema que afecta negativamente aos traballadores da policía local.

Carmen Amoedo, PP

O goberno optou por sometelo a votación, sabendo que non ía sair adiante ao ter anunciado os edís da oposición o seu voto en contra.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará