Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un veciño promove a presenza do comercio local en Instagram

david crespo 2

David Crespo ten tan só 18 anos. Dende a perspectiva que lle dá a súa xuventude é consciente de que algunha redes sociais, moi empregadas pola mocidade, non están sendo aproveitadas polo comercio local. Para paliar esa eiva anima aos comerciantes locais a poñerse en contacto con el para pasar a formar parte, de xeito completamente gratuíto, do catálogo visual que podemos atopar no enderezo de Instagram redondela2021

Este estudante de FP de Comercio e marketing é consciente de que estar presente na rede é algo fundamental para moitos negocios, pero tamén se decatou de que a nivel local son moitos os que non acoden a redes tan populares como o instagram. “O comercio local ou ben aínda non apostou por ter presenza en Internet ou ben, aqueles que o fixeron, restrinxen esa presenza a súa propia páxina web ou a faceboook, deixando de lado outras redes que teñen máis tirón entre o público de menor idade”.

A idea naceu dun xeito moi simple “ocorreuseme axudar a miña nai para dar a coñecer o seu negocio e facer que máis persoas- sobre todo xuventude- se convertan en clientes potenciais. Para iso o máis axeitado, ao seu entender, son os pequenos vídeos coñecidos como reels, duns 30 segundos de duración e que teñen moitísima aceptación e gran viralidade “un deses vídeo contabilizou 3.000 visualizacións en menos dunha semana”.

Crespo fai un chamamento a todas aquelas persoas que teñen un negocio a que se poñan en contacto con el no teléfono 640622040  “eu encargareime de ir ata o comercio, facer as fotos ou os vídeos e publicitar ese material na rede”.

Tamén ten previsto achegarse aos diferentes locais comerciais para darse a coñecer a propoñer a súa idea aos diferentes propietarios.

A tenda da Loura, A tenda do Avó, Tía Estébana, Coser e Cantar, El rincón de Patri, Floristería a&m e Multiópticas Redondela son algúns dos establecementos que xa se sumaron a esta iniciativa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará