Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Veciños de Chapela denuncian o mal estado do Camiño da Fraga

camiño da fraga 1

Responsabilizan do estado actual da vía as talas indiscriminadas efectuadas na contorna do río Fondón no pasado mes de xuño, onde maquinaria pesada arrasou con 4000 m2 de bosque. Debido o uso de camións e tractores de gran tamaño o asfaltado do camiño quedou completamente esnaquizado, ademais pedras e terra están a esvarar pola pendente da cal se eliminaron as arbores, caendo no camiño e facendo inda mais perigoso este tramo. Instan ao Concello a que faga as reparacións pertinentes e sinalice os tramos máis perigosos.

A Asociación de veciños explica que este tramo de camiño emprégase non so polos residentes na zona, senón por toda a xente que sube o paseo da senda da auga, por peregrinos e tamén polos alumnos dos colexio e instituto que periodicamente fan excursións para visitar a riqueza natural desta zona de Chapela.

O camiño de por si é estreito para o paso de vehículos e agora neste estado é moi perigoso debido o pouco espazo que existe para manobrar en caso de coincidir peóns e vehículos.

Aseguran que xa informaron ao Concello “para que tomaran medidas antes de que se produza unha desgraza”, sen que realizaran ningunha actuación polo que esixen que se proceda de inmediato a sinalizar os tramos mais perigosos, que se limpen e arranxen as recollidas de pluviais e se fagan as obras de reparación pertinentes para dar seguridade ao transito por este camiño, ademais de facer a reclamación correspondente os responsables desta desfeita.

Desde a Asociación e para evitar accidentes piden a máxima prudencia á hora de transitar por este camiño, mais agora que comezan a chuvias e o terreo seguira cedendo e desprendéndose mais pedras sobre asfalto.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará