Os feitos producíanse ás 15:42 da tarde de onte na avenida de Redondela en Chapela cando a Policía local recibía un aviso que alertaba da presenza na estrada dun vehículo que realizaba manobras sospeitosas. Unha vez localizado o vehículo os propios axentes puideron ver a dito condutor cometendo varias infraccións polo que procederon a darlle o alto e realizar as correspondentes probas de alcoholemia.
O individuo deixou un resultado positivo de 1,22 na primeira proba, o que supón que qintupicaba a taxa de alcohol permitida ao volante. Foi citado para un xuizo rápido por un presunto delito contra a seguridade viaria.