Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O 64% das persoas participantes no programa de emprego da Asociación de Empresarios logra un contrato

asociacion empresiores

A Asociación de empresarios destaca a porcentaxe de inserción dos participantes que finalizaron o programa e que chega ao 64% “superando en case 20 puntos porcentuais os obxectivos iniciais”. Destacan tamén o alto grado de calidade dos contratos.

Entre os colectivos participantes no programa compre destacar os resultados de inserción  acadados polas mulleres, un 72,5% dos contratos reúne os criterios de inserción e o 85% foi contratada ao longo do programa. Outro dos colectivos que destaca en canto a resultados de inserción son os menores de 30 cualificados que acadaron un nivel de inserción do 60% “o que  demostra o interese das empresas locais por captar talento”.

Explican dende a Asociación que o compromiso coa formación e o desenvolvemento da autonomía foi clave en todo o programa, ao que contribuíu de forma destacada o programa de mentorización desenvolvido nas primeiras fases, acadando resultados especialmente destacables no colectivo de menores de 30 sen cualificación.

A adquisición de experiencia a través de prácticas non laborais que contou coa colaboración de importantes empresas da comarca e de pequenos empresarios locais foi un instrumento que permitiu optimizar o proceso de sincronización entre oferta e demanda de traballo e atender mellor as dificultades que o sector empresarial está atopando para cubrir postos de traballo.

Fan unha mención especial a Partenón, unha das empresas destacadas nesta colaboración, non so contratando a persoal do programa senón tamén acollendo sesións prácticas que permitiron aos usuarios adquirir a visión real dos procesos da empresas. 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará