Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello informará e asesorará aos veciños sobre a instalación de pantallas acústicas en Chapela

pantallas 2

A publicación no BOE do proxecto de Fomento para a instalación de pantallas acústicas na AP-9 entre o Morrazo e Teis deixa moitas dúbidas en canto ao lugar no que van ir colocados estes elementos, un total de 14 pantallas de metacrilato cun investimento superior ao 7 millóns de euros. Para resolver estas dúbidas e presentar as alegacións que sexan pertinente o concello encargará a técnicos urbanísticos que analicen a información, que está xa a información pública nos concellos de Redondela e Vilaboa.   

María Castro, edil de Urbanismo

A edil de urbanismo, María Castro, explica que logo de chegar o proxecto ao Concello o pasado mércores agora ábrese a fase de exposición pública para que veciños, asociacións ou mesmo o propio concello presente as alegacións que consideren necesarias. Con todo, ao tratarse dun documento de preto de mil páxinas e moitos contidos técnicos, dende a administración local deixan en mans dos técnicos urbanísticos a súa análise para posteriormente convocar aos veciños aos que xa se lles informou da súa publicación.

O documento precisa dunha “revisión minuciosa para aclarar exactamente onde se van colocar as pantallas, cales son as súas característica e se eses elementos van solucionar o problema de ruídos que padecen os residentes en inmobles próximos a autoestrada” explica Castro.

No departamento de Urbanismo están pendentes tamén da publicación definitiva das obras de reposición de viais, que confían chegue en breve para “que canto antes se aprobe o proxecto e que comecen as obras no primeiro semestre do vindeiro ano”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará