Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O concello realiza traballos de roza nas parroquias

roza parroquias

A Concellería de Vías e Obras comezou este pasado venres os traballos de reforzo e mantemento das labores de rozado e limpeza desenvolvida, dende o mes de xullo, polas brigadas contratadas polo concello para esta labor.

Nunha aposta pola limpeza das vías e camiños municipais no rural, este ano e como novidade, engadíanse aos lotes encargados dos traballos de roza un quinto lote “de reforzo e mantemento para actuar naqueles puntos, nos que por diferentes razóns, sexa preciso realizar unha nova roza ou limpeza”, explica o edil Vicente Lamas.

Este equipo de reforzo, que comezaba a traballar o venres en Ventosela para percorrer logo as diferentes parroquias e actuar onde sexa preciso, era unha necesidade evidente “nun municipio da extensión que ten Redondela que se traduce en moitos quilómetros de estradas e camiños municipais”, afirma a alcaldesa Digna Rivas.

A posta en marcha deste novo sistema de catro lotes para a roza e un para o mantemento posterior, “permite alongar o estado de limpeza das vías municipais durante moito máis tempo”.

Por primeira vez estes traballos, explican dende o Concello, non foron contratados a empresas externas, como se viña facendo por parte do anterior Goberno, senón que, “foron 11 persoas en situación de desemprego e contratadas a través do Plan Concellos, os que realizaron estes traballos que habitualmente eran encargados a unha empresa”.

Cumpríase polo tanto o dobre obxectivo de, por unha banda, manter os camiños e estradas de competencia municipal nun bo estado de limpeza e, ao mesmo tempo, contribuír a aliviar a situación de persoas desempregadas do municipio coa súa contratación para estes traballos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará