Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aberta a inscrición para un novo roteiro polos petróglifos de Penide/Mirallo en Ventosela

monte

O Concello de Redondela vén de abrir a inscrición para participar no terceiro roteiro guiado para coñecer o patrimonio cultural e paisaxístico do municipio e que se desenvolven os últimos domingos de cada mes.

Esta nova ruta terá lugar na noite do 27-28 de novembro en que se fará unha ruta nocturna polos petroglifos de Penide/Mirallo (Chan da Cruz e Coto do Corno) na parroquia de Ventosela.

A actividade, promovida pola concellería de Patrimonio que dirixe María Castro coa colaboración de A Citania arqueoloxía, é totalmente gratuíta pero e precisa inscrición previa no teléfono 600 381 782 ou na páxina de facebook https://www.facebook.com/ACitaniaGalicia

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará