O buzón da Coca Simona era retirado hoxe da Alameda de Redondela logo de que a imaxe da popular mascota aparecera sen cabeza. Dende o Concello lamentan este acto vandálico que afectou tamén a outros elementos da decoración de Nadal, instalada nos últimos días ao longo da Alameda co obxecto de ter todo preparado para o acendido navideño que terá lugar esta tarde ás 18:30 horas.
A propia alcaldesa, Digna Rivas, denunciaba o acontecido a través da redes sociais “temos que lamentar un novo acto vandálico que provocou desperfectos na decoración de Nadal, o máis grave obrigou a retirar o noso mítico buzón da Cosa Simona”, tras aparecer esta imaxe sen cabeza.
A rexedora local solicita a colaboración vecinal para recuperar esta cabeza así como calquera outra pista que axude a identificar as persoas responsables destes feitos.
O acendido será hoxe ás 18:30 horas e contará co espectáculo Lumen: Xigantes de luz de Yar Teatro e outras sorpresas.
Non é a primeira vez que o buzón da Coca Simona sofre un acto vandálido. No Nadal de 2014 este buzón que recolle as cartas dos nenos para entregarlas a Papá Noel e os Reis Magos, sufriu outro percance logo de que lle destrozaran a cabeza coa explosión dun petardo.