Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

PP e AER piden conxuntamente unha comisión de investigación sobre as obras de acceso á praia de Rande

playa rande

Denuncian que estas obras comezaron antes de estaren adxudicadas e sen ter as autorizacións necesarias.  Por este motivo solicitan ao Pleno do Concello a creación dunha Comisión de investigación antes as “múltiples irregularidades” detectadas na execución desta obra.

Explican ambas formacións políticas que o 21 de setembro de 2019, a alcaldesa, Digna Rivas, dispuxo iniciar o procedemento de contratación (mediante contrato menor de obras) de ‘Actuacións na Praia de Rande’, en Cedeira, con cargo aos fondos do Plan Concellos 2020, incorporando ao expediente os orzamentos presentados por tres empresas. Nesa mesma data, o concelleiro de Medio Mariño, Ignacio González, asinou unha ‘memoria xustificativa’ da necesidade de realizar dicha obra informando de que a mellor oferta das presentadas é a de ‘Zona de Obra O Rosal’. 

O mesmo día, 21 de setembro, ao tempo que supostamente se iniciaba o procedemento de contratación dos traballos de accesibilidade á Praia de Rande, un veciño presentou unha denuncia no Concello indicando que “as obras están en marcha desde hai meses” e que se atopan en “un avanzado estado de execución”.

A este feito súmase que na data sinalada, o concelleiro de Medio Mariño justificó e asinou unha obra para a que non tiña competencias. “dado que eran da Concellería de Medio Ambiente, á que se lle ocultou esa contratación”.

Ante estes feitos PP e AER piden que se cre esta comisión investigadora  e propoñen que estea composta por un representante de cada grupo municipal e presidida polo concelleiro de Medio Mariño, Ignacio González.

Ademais, instan a que a mesma poida citar a todas as persoas que se considere que poidan achegar información para aclarar os feitos e, por último, que os acordos tomados pola comisión sexan executados polo Goberno local.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará