Un cento de establecementos participa desta iniciativa impulsada dende a Asociacións de empresarios para promover as compras no pequeno comercio. Entre os seus clientes sortearanse 3.000 euros en vales de compra e centos de premios directos. Os comercios poderán repartir os boletos da sorte dende o 10 de decembro ata o 10 de xaneiro. Os premios máis frescos do Nadal estarán na ruleta da sorte da Praza de Abastos de Redondela o 22 de decembro. A campaña conta coa colaboración do Concello de Redondela e a Xunta.
A Campaña de Nadal comprende un conxunto de actuacións para a dinamización das compras no comercio local que pivotan en torno a unha gran campaña de premios dotada con 3.000€ en vales de compras.
Pero ademais cada comercio ten a súa microcampaña agochada baixo este mesmo mecanismo de boletos, de modo que poderemos ser os afortunados gañadores de centos de premios directos coas nosas compras no comercio local.
Son case 100 os establecementos que participan nesta campaña e terán de prazo entre o 10 de decembro e o 10 de xaneiro para repartir os 40.000 boletos da sorte.
Adicionalmente a Praza de Abastos tamén contará con sorpresas particulares, neste caso o 22 de decembro a gran Ruleta da Sorte estará durante toda a maña na praza de abastos repartindo multitude de premios e vales de comprar para consumir no mercado.