O edixgal é un proxecto da Xunta que implica substituír os libros tradicionais en papel por ordenadores ou tablets pasando a empregar nas clases as novas tecnoloxías. Dende a Anpa “Paulina Sánchez Otero” denuncian que malia levar anos funcionando o proxecto non está implantado correctamente.
Aseguran que xa teñen demandado en numerosas ocasións que se arranxen as eivas existentes sen ter recibido resposta por parte de Inspección Educativa. “Non é a primeira vez, son moitas, e a nosa paciencia e discreción ten un límite. Ese límite foi sobrepasado polo Servizo Territorial da Inspección Educativa dependente da Consellería de Educación”, afirman dende a Asociación de Pais e nais
As familias e a ANPA aseguran sentirse desprezados “pois pese a mostrar a nosa preocupación pola educación das nosas fillas e fillos en escritos dirixidos a inspectora correspondente, está non tivo nunca a humildade de atender a ningún de estes escritos”.
“O último dos escritos foi presentado o pasado 25 de Outubro dirixido á inspectora Raquel Gómez Fuentes, polo procedemento correcto e correctamente rexistrado. Neste escrito amosabamos a preocupación das familias pola imposibilidade de implantar as novas tecnoloxías correctamente co programa Edixgal, que xa leva anos funcionando”. Un escrito que a día de hoxe aínda non tivo resposta.