Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arranca a programación de Nadal de Redondela coa visita de Papá Noel

papa noel

Papá Noel estará este venres 17 de decembro na Alameda Castelao para escoitar as peticións de nenos e nenas. Na vindeira semana fará un percorrido polas distintas parroquias con parada tamén en Chapela este sábado e domingo na Alameda Rosalía de Castro entre as 17:00 e as 20:00 horas. Arranca así a programación de Nadal “pensada especialmente para os cativos” en palabras da concelleira Iria Vilaboa quen quixo poñer o acento na necesidade de extremar as precaucións para pasar unhas festas seguras nun momento complicado en canto ao espallamento do coronavirus.

Neste sentido este ano si será precisa inscrición previa nos obradoiros de nadal previstos para as tardes do 28 ao 30 de decembro e os días 3 e 4 de xaneiro. Desenvolveranse nos multiúsos de Redondela e Chapela en horario de seis a oito e haberá obradoiros de manualidades, xogos, música… para evitar as aglomeracións convídase a facer esa preinscrición nos propios multiusos.

Unha programación que inclúe tamén teatro co Mundo Máxico de Pinocho o día 26 de decembro e títeres, coa Galiña Azul de Tanxarina o día 27. E para celebrar o remate do ano convócase a rapazada a participar nunha badaladas adiantadas o día 31 de decembro en horario de mañá.

Xa no inicio do ano a música será protagonista cos concertos o día 3 en Chapela con Uxía Lambona e o día 4 en Redondela coa Radio Bule Bule de Paco Nogueiras.

Para público adulto as propostas pasan por diferentes citas musicais: o concerto Chrismas Big Band co Ría Jazz de Portugal e a Xingro´s Big band do Conservatorio o 23 de decembro ás 20:00 na Xunqueira ou o concerto da orquestra de Saxos o día 2 de xaneiro.

CALENDARIO PAPÁ NOEL

En Redondela, nenas e nenos poderán compartir un tempo con Papá Noel na casa que o Concello habilitoulle na Alameda Castelao. O fará entre o día 17 de decembro e o 24 de decembro en horario de 17 h a 19:30 horas. Os días 18 e 19 de decembro, estará tamén cos nenos e nenas de Chapela na Alameda Rosalía de Castro en horario de 17 h a 20 horas.

LUNS 20 DE DECEMBRO

Papá Noel comezará a xúa xira en CESANTES, no Campo de San Pedro, entre as 16 h e 16 30 horas e no Centro Cultural de 16:45 h a 17:15 horas para continuar cara ao VISO onde terá un primeiro encontro coa rapazada no Centro Cultural de Soutoxuste de 17:30 h a 18 horas e posteriormente no Centro Cultural Saramagoso de 18:15 h a 18:45 horas. Pechará ese primeiro día de visitas en VENTOSELA no Centro Cultural de 19:15 h a 19:45 horas para facelo logo no Cruce estrada Vilar do Mato, da igrexa de Ventosela e de Castiñeira de 20:00 h a 20:30 horas.

MARTES 21 DE DECEMBRO

O martes será cando Papá Noel visite aos nenos e nenas de REBOREDA primeiro no Centro Cultural de 16 horas a 16:30 horas e máis tarde na Igrexa de Reboreda de 16:45 horas a 17:15 horas. Fará parada, despois, en QUINTELA, no torreiro da Igrexa de 17:30 h a 18 horas para seguir o seu percorrido por SAXAMONDE na antiga escola (camiño de Albarroz, 3) de 18:15 h a 18:35 h e no Camiño da Vía (á altura do número 29) de 18:45 h a 19:15 h. Finalmente, e de retirada a súa casa na Alameda Castelao, estará en REDONDELA na rúa Alfonso XII e Praza da Constitución.

MÉRCORES 22 DE DECEMBRO

A parroquia de VILAR, no Centro Cultural, será a primeira parada de Papá Noel de 16 h a 16:30 horas para reunirse cos nenos e nenas un pouco despois no parque infantil Pica Morena de 16:45 h a 17:15 horas. Seguirá o percorrido en CABEIRO, primeiro no Centro Cultural de 17:30 h a 18 horas e despois no parque infantil Camiño do Campiño de 18:15 horas a 18:45 h. A xira do mércores a pechará Papá Noel en SANTO ESTEVO DE NEGROS cun percorrido que fará polo Camiño de Fixón de 19 h a 19:20 horas e pechar o día no Centro Cultural de 19:30 h a 20:15 horas.

Xoves 23 de decembro

O último día de percorrido polas parroquias o comezará Papá Noel en CEDEIRA onde fará tres paradas. Unha primeira en A Portela, de 16 h a 16:2o horas; no Centro Cultural de 16:30 h a 17 horas e en A Formiga (estrada de Cedeira á altura do nº 51) de 17:15 h a 17:35 horas. Seguirá a ruta en TRASMAÑÓ primeiro no Centro Sociocomunitario de 17:50 h a 18:20 horas e posteriormente na intersección do camiño das Pedriñas (a altura do número 18) de 18:30 h a 19 horas. O percorrido do 23 de decembro o pechará en CHAPELA cunha primeira parada na Avenida de Redondela (Centro de Saúde) de 19:15 horas a 19:45 horas e finalmente na Alameda de Rosalía de Castro de 20 horas a 20:30 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará