Os tres equipos locais de categoría nacional xogaban na casa e os tres remataron o ano con derrotas. A SAR Rodavigo perdeu ante un forte Cleba León, a SAR Plastic Omnium viu como nos últimos segundos se lle iba un partido moi igualado ante o Calvo Xiria, e o Rodosa Chapela perdeu ante o Carballal.
División de Honra Prata feminina
SAR Rodavigo 19-37 Cleba León
A SAR Rodavigo despide o ano con derrota logo dunha gran primeira parte ante un rival de moito nivel. O Cleba León púxose por diante cunha vantaxe de 3 goles nos primeiros, pero as de Vero Posada foron quen de igualar o encontro (8-8, min 20). Ao descanso chegouse cun 12-14 no marcador, con opcións para a SAR. Xa na segunda parte, cun parcial de 10-0 para leonesas, as ilusións truncáronse. O Cleba foi ampliando a vantaxe ata o 19-37 final. A competición regresa en xaneiro, cando a SAR viaxará a Canarias para medirse ao Tenerife, pechacancelas do grupo que aínda non sumou ningún punto.
Primeira Nacional
SAR 32-33 Calvo Xiria
Derrota moi axustada da SAR Plastic Omnium nun partido igualado de principio a fin. O Xiria púxose por diante nos primeiros minutos, pero a SAR contrarrestaba os ataques e o empate no marcador mandaba. Antes do descanso grazas a un parcial de 4-1 os redondeláns remataron a primeira parte gañando por 18-15. E no comezo da segunda metade seguiron por diante, ata que os de Carballo pisaron o acelerador e empataron a falta de 15 minutos do final (27-27). Final emocionante na Bomboneira, con empate a 32 no minuto 29. A falta de 10 segundos os visitantes puxéronse por diante co 32-33 final. Rematou o partido sen premio para a SAR, que realizou un gran encontro na última cita do ano. En xaneiro retoman a competición en Canarias, na pista de La Laguna.
Rodosa Chapela 26-34 Carballal
O BM Chapela segue como pechacancelas do grupo logo da derrota ante o Carballal. O conxunto vigués foi superior ao Rodosa, que pecha o ano cun único punto no casilleiro. E retomará a competición no González Soto despois do descanso de Nadal, será ante o Ingenio, que pelexa polo liderato.