Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A canteira, filosofía de traballo no FS Redondela

RedondelaVerin

O conxunto redondelán segue como firme candidato ao ascenso, e non se descolga dos postos altos da táboa logo dunha sólida vitoria ante o Verín. Xogadores veteranos e de gran nivel como Juan Puertas ou Dani suman o seu traballo e experiencia a outros máis novos, mesmo xuvenís “que están a facer un gran traballo” sinalan desde o club. E é que a filosofía de traballo do FS Redondela está baseada nas categorías inferiores “que son a verdadeira canteira do club”. Así o explica Fran Iglesias, coordinador da entidade, quen afirma que a inmensa maioría dos actuais xogadores do equipo de Preferente formáronse nas categorías inferiores do club.

Fran Iglesias, delegado e coordinador do Redondela FS

Froito da unión de veteranía e xuventude o equipo está a recoller excelentes resultados. O Redondela Maramar chega ás vacacións de Nadal como 3º de grupo na Preferente Sur. E aproveitando o parón de liga van recuperar este domingo o partido aprazado da segunda xornada, que non se disputou polo atraso no comezo da liga. A cita será este domingo, día 26, ante o Coperfi Cereixa Gondomar, ao que reciben ás 12.00 no pavillón da Marisma. Iglesias convida ao público redondelán a arroupar ao equipo nesta cita para seguir sumando.

O domingo día 26 xogan ante o Cereixa Gondomar o partido aprazado da segunda xornada

Os outros equipos da bisbarra, Arealonga FS e SD Pazos enfróntanse tamén o domingo para recuperar o partido correspondente á segunda xornada. Neste caso será ás 19.00 horas, no pavillón de Pazos.

E á volta do descanso de Nadal disputarase o primeiro derbi local da categoría entre Arealonga Construcións Castro e Redondela Maramar. Será o 9 de xaneiro en Chapela. Á marxe dos resultados deste domingo, os dous equipos redondeláns chegan nunhas circunstancias moi diferentes a esta cita. O Redondela está en postos de cabeza con opcións de ascenso, e o Arealonga na parte baixa da táboa, pelexando pola permanencia. Con todo, Fran Iglesias confía en que os de Chapela remontarán posicións “porque teñen un bo equipo” e deséxalles sorte.

O 9 de xaneiro retomarán a competición en Chapela no derbi co Arealonga
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará