A Concellería de Patrimonio deu por rematados os traballos de reposición da cartelería e sinalización dun dos seus grandes bens patrimoniais e culturais: os xacementos prehistóricos de Monte Penide/Mirallo. Na actualidade, a cartelería existente atópase en moi mal estado debido aos oito anos que leva exposta a intemperie e ás accións da luz solar, nuns casos, e as actuacións incívicas noutros. A estes danos engádese a desaparición de todos os postes de dirección colocados nos camiños.
Coa nova sinalización as e os visitantes poderán non só acceder a estes importantes elementos patrimoniais dun xeito máis doado, senón obter información completa sobre cada un dos elementos a través dos códigos QR de cara un dos carteis indicadores.