Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Sen noticias da Escola Infantil de Chapela

BNGchapela

O BNG demanda a construción da escola para crianzas de 0 a 3 anos e critica que o PP rexeitara unha emenda de 500.000 euros aos orzamentos da Xunta para poñela en marcha.

“A Xunta volve a deixar sen escola infantil ao entorno de Chapela para cativos e cativas de cero a tres anos”, denuncia a deputada nacionalista, Alexandra Fernández. Nunha visita realizada á parroquia, acompañada de membros da organización local, achegouse aos terreos coñecidos como “Finca Ginaria”, espazo no que se pretende construír este equipamento. O voceiro do BNG en Redondela, Xoán Carlos González, defende que é a zona “ideal” para facer a escola infantil “tan demandada pola veciñanza e que daría servizo a unha zona con moita poboación onde non existe ningunha gardería pública”.

Xoán Carlos González, voceiro do BNG en Redondela

No ano 2019 os orzamentos da Xunta recollían unha partida para a construción da escola infantil en Chapela, pero a partida “desaparece” nas contas de 2022, polo que o BNG presentou unha emenda, para que se incluíra no orzamento do próximo ano unha partida de 500.000 euros para o inicio da obra. No grupo nacionalista lamentan que o PP votou en contra. Para González é unha mostra máis da actitude dos populares “que prometen unha cousa en período electoral “que logo esquecen”.

O BNG advirte que seguirán “presionando” ao goberno galego para que a escola infantil se constrúa “no futuro inmediato”. Entre as demandas dos nacionalistas para a parroquia inclúese tamén a insonorización do IES Chapela, a renovación do terreo de xogo do Campo de Fútbol da parroquia, e a recuperación do cargadoiro Coto Wagner como patrimonio industrial.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará