A condutora, de avanzada idade, tivo que ser rescatada do vehículo e foi trasladada ao hospital para a súa valoración, malia que inicialmente só presentaba ferida leves.
O sinistro producíase este sábado ao redor das doce do mediodía no Camiño Rega do Alto na parroquia de Cesantes, cando nunha curva a muller pisou mal o freno e subiu unha das rodas a un lateral do camiño o que provocou que o vehículo acabase envorcando.
Foron os propios veciños xunto cos axentes da Policía Local e os servizo médicos que se desprazaron ao lugar os que liberaron a muller, sen que fora necesario realizar traballos de excarceración.