En toda a bisbarra a situación do desemprego mellorou respecto hai doce meses. Así, ao longo do 2021 incrementáronse o número de contratos e constátase unha diminución no número de persoas en paro, cun descenso de 652 persoas. No caso de Redondela pasouse de 1.850 parados no inicio do pasado ano aos 1.596 que contabiliza a Consellería de Emprego doce meses despois. A melloría constátase tamén en Soutomaior con 567 desempregados (32 menos), pazos de Borbén con 244 (39 menos) e Fornelos de Montes con 133 (23 menos).
Con todo, o último mes do ano 2021 terminou can datos negativos respectos do mes anterior, xa que en todos os concellos da bisbarra o mes de decembro supuxo un incremento no número de persoas paradas e inscritas nas oficinas do Servizo Público de Emprego. Logo de varios meses encadeando descensos, no mes pasado a tendencia foi a inversa e novamente inscribíronse máis persoas nas listas do paro que número de contratos se formalizaron.