Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Incidencia dispar no regreso ás aulas en Redondela

coles covid

A volta ao cole producíase na xornada de onte nun ambiente de moita incerteza ante o elevado número de casos covid que presenta o noso concello, que contabiliza 820 persoas contaxiadas segundo os úlitmos datos feitos públicos pola Consellería de Sanidade.

Unha incidencia disparada que afecta tanto a alumnos como ao profesorado. Así o constata a concelleira de ensino, Olga García, quen puntualiza que agás nun centro o restos dos colexios e Institutos presentaba algunha baixa no seu claustro. Máis preocupante é o número de alumnos que non acudiron as clases por estaren confinados. Insiste en todo caso en que os protocolos funcionan tanto nas clases como nos comedores e nas actividades extraescolares.

Malia que en practicamente todos os centros houbo ausencia dalgún profesor por estar pasando a correspondente corentena, procedeuse a súa substitución dende a Consellería. O máis notable era sen embargo o elevado número de nenas e nenos que non acudiron ao cole por estaren contaxiados ou por seren contacto directo de positivos. García explica que “ao longo da mañá pais e nais foron avisando desas ausencias, a parte positiva é que neses casos xa non houbo contacto co resto dos nenos”.

Explica a Concelleira que os protocolos mantéñense como ata o de agora, uns protocolos que se demostraron eficaces no que vai de curso, tanto nas clases, como nos comedores, nos que a distancia e os grupos burbulla permiten que se minimicen os riscos, dos mesmo xeito que nas actividades extraescolares que este ano volveron organizar as Anpas logo da parálise do curso anterior.  

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará