Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Meirande duplicou no 2021 o número de visitas do ano anterior

meirande

Nos meses de agosto e outubro chegouse a cifras que se equiparan ás contabilizadas nas datas previas a pandemia con 1.172 e 1.301 persoas respectivamente. En todo o ano foron en total 6.903 as persoas que visitaron o Meirande, mantendo así esta aula de interpretación un crecemento continuado malia as restricións impostas pola situación sanitaria e consolidándose como un punto turístico de visita obrigada.

As 6903 persoas que durante o pasado ano 2021 visitaron o Meirande –Centro de Interpretación da Batalla e do Patrimonio de Rande– amosan segundo o Concello o interese que esta instalación esperta nas persoas que visitan Redondela, cun crecemento continuado no número de visitantes.

No ano 2020 o Meirande rexistrara un total de 3.449 visitas polo que os datos do 2021, supoñen un incremento do 50 % respecto ás persoas que visitaron a instalación respecto ao período anterior.

De feito, segundo os datos facilitados polo Meirande, instalación que depende directamente da Concellería de Turismo que xestiona María Castro, nos meses de agosto e outubro do 2021 o número de visitantes achegouse aos datos ‘prepandemia’ do 2019 con 1172 e 1301 persoas, respectivamente.

Cómpre salientar que outubro vén marcado pola conmemoración da Batalla de Rande polo que atrae moitas máis visitas, algo que quedou comprobado neste ano pese aos estritos controis de aforo que se apicaron como medida de seguridade sanitaria.

A previsión para o 2022, sinala a alcaldesa Digna Rivas, “é claramente optimista e todo apunta a superar os niveles de afluencia rexistrados nos anos previos a pandemia”. Para a rexedora redondelá está fora de toda dúbida que o Meirande “está consolidándose como un punto turístico de visita obrigada”.

Rivas lembrou que dende a Concellería de Turismo, estanse a desenvolver continuos traballos de adaptación do Meirande ás novas tecnoloxías, como a dotación dunha páxina web moderna e funcional ou, proximamente, a posibilidade de facer visitas virtuais a instalación. “As novas tecnoloxías poñen nas nosas mans ferramentas de extraordinaria importancia que temos que aproveitar á hora de poñer en valor a nosa historia e o noso patrimonio”, conclúe a rexedora local.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará