Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As mulleres aprenden técnicas de defensa persoal

defensa personal

O Centro Cultural de Cesantes estrea curso o vindeiro 25 de xaneiro. Trátase dun curso de defensa persoal impartido por Fran Tilve, experto en artes marciais, quen achegará ás participantes as pautas básicas de cara a como reaccionar ante unha eventual agresión. Unha actividades que se prolongará ata o verán e que se impartirá os martes e xoves en horario de 21:30 a 22:30 horas.

Unha técnica de defensa que serve para dar seguridade as participantes “que contarán así cun mínimo adestramento para reaccionar ante unha agresión”, pero tamén un xeito diferente de facer deporte e mellorar a nosa condición física é o que nos ofrece este curso que arranca a finais de mes. Así o explica o seu responsable, Fran Tilve, quen lembra que está aberto a calquera muller que sexa maior de 18 anos ou incluso menores que veñan acompañadas polas súas nais.

Especialista en artes marciais, particularmente en Taekwondo , lembra Tilve que esta disciplina está creada non para atacar senón para defenderse, polo que é moi axeitada nos cursos de defensa persoal.

As persoas interesadas poden inscribirse no propio Centro Cultural ou no teléfono 659 757963. 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará