Terceira División
Ourense CF 1-0 CD Choco
Un gol de Yosu no minuto 91 permite ao Ourense CF sumar os tres puntos da xornada e deixa aos de Redondela sen premio.
Os de Juan Amoedo non conseguiron seguir ampliando a xeira positiva de resultados. O Choco caeu no Couto nun partido no que a penas houbo ocasións de gol. Na primeira metade da primeira parte dominou o equipo local, pero na segunda foi o conxunto redondelán o que tivo a posesión, malia que non foi capaz de xerar ocasións. Tampouco o Ourense xerou moitas oportunidades de anotar. Tan só dúas ocasións foron as máis claras de todo o partido e todas eles do equipo local. A primeira no minuto 33 cun tiro de Amin e que Cortegoso salvou tras un roubo do coiro preto do área defendida polo gardameta redondelán. E a segunda, minutos despois, cun tiro que novamente Cortegoso quitou sobre a liña de gol. E xa non houbo máis ocasións ata a do gol, xa no tempo de desconto. Unha falta sen aparente perigo, pero un erro defensivo impediría que os redondeláns sumases o punto que parecía xa camiño de Redondela.
O domingo reciben en Santa Mariña ao Deportivo Fabril, cos coruñeses situados na metade alta da táboa.
Ourense CF: Marqueta (p), Isra, Toño Vázquez, Tiago, Amin, Jerin, Rubén Sánchez, Willian, Nacho Fariña, Manu Rguez, Xián. Tamén xogaron Iker Hurtado, Yosu, Rogério.
Club Deportivo Choco: David Cortegoso (p), Pedro Pérez, Comis, Caloi, Félix, Álex Pérez, Manu Rancaño, Álex Figueroa, Berni, Monroy e Capelo. Tamén xogaron Jorge Maceira, Diego Vales, Hugo Vázquez e Toni Armada.
Primeira Galicia
Arcade 1-1 Amanecer
O empate deixa ao Arcade no 5º posto da táboa. Na próxima xornada visitan o campo do Unión Dena, 3º do grupo.
Segunda Galicia
Salvaterra 4-2 Atl. Vilar
Cesantes 1-3 Pontecaldelas
Bueu 2-1 Soutomaior
Ningún dos equipos da bisbarra conseguiu sumar na Segunda Galega. Na próxima xornada dispútanse os encontros: Atl. Vilar-Nieves; Monteporreiro-Cesantes e Soutomaior-Vilaboa.