Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP esixe un Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) eficaz e transparente

pleno

Os populares, que no último pleno votaron en contra do convenio da Xunta para a posta en marcha deste servizo, explican o seu voto “ante a falta de explicacións do concelleiro de interior sobre os profesionais que se ían destinar a este servizo, os medios cos que contaría e os prazos previstos para a compra de material”. Acusan á Alcaldesa de ocultar información e reclaman a convocatoria dunha comisión para informar os pormenores do convenio como condición para aprobar definitivamente a creación do GES de Redondela

O Partido Popular non permitirá que Digna Rivas deixe a Redondela cun Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) sen os medios adecuados para garantir a seguridade dos seus profesionais e dos veciños, afirma a edil Carmen Amoedo, quen lembra que no pasado pleno “pediu reiteradamente explicacións sobre a situación dos profesionais destinados a este servizo, os medios con que contarían ou os prazos previstos para a compra de material”. A representante popular tamén se interesou pola coordinación do novo grupo co Servizo de Emerxencias e Incendios de Redondela (SEIS) e cos membros do GES de Mos, ou sobre a posible data de entrada en funcionamento.

Asegura que foi a falta de resposta a todas estas interpelacións “limitándose o edil de seguridade a ler un guión escrito previamente” o que levou a que a proposta do goberno non contara co apoio de ningún dos grupos da oposición.

O PP esixe á Alcaldesa a convocatoria inmediata dunha Comisión para aclarar todas as cuestións e anuncia que “de resolvérense todas esas dúbidas os 8 concelleiros populares non dubidarán en apoiar a creación do GES nun próximo pleno, que podería ser convocado de forma urxente e extraordinaria”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará