Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Licitadas as obras de humanización da Avenida Santa Mariña

santa mariña 2

O Concello destina un orzamento de máis de 450 000 euros para unhas obras que tamén permitirán a mellora da rede de saneamento e abastecemento así como a mellora integral das beirarrúas e a instalación de alumeado público.

O Concello de Redondela vén de licitar as obras de humanización da Avenida Santa Mariña, traballos para os que destina un investimento de 450 686,84 con cargo ao Plan Concellos 2021 e que permitirá a transformación deste espazo urbano xa que, a maiores da humanización da zona, procederase á mellora da rede de subministro e saneamento.

O firme de todo o trazado obxecto das obras, nunha extensión de 680 metros cadrados, será pavimentado con aglomerado asfáltico de 6 cm de espesor. En ámbalas dúas beiras da rúa, instalaranse canalizacións para a recollida de pluviais que contarán con sumidoiros no lado sur.

Do mesmo xeito, nos dous lados da rúa obxecto das obras realizarase a instalación integral da rede de abastecemento de auga potable.

Os traballos completaranse coa mellora integral das beirarrúas e a instalación de alumeado público que mellore, non só as condicións de luminosidade da zona senón que permitan unha mellora da eficiencia enerxética en canto ao consumo e emisións de CO2.

Finalmente, dotarase á zona da correspondente sinalización de tráfico, tanto horizontal como vertical e de mobiliario urbano (xardiñeiras, bancos, papeleiras e varandas).

Esta actuación, ao igual que a xa adxudicada da mellora da contorna do Pazo Torres de Agrelo de Cesantes, forma parte dun proxecto integral do Goberno local, a través da Concellería de Vías e Obras que dirixe Vicente Lamas, “que busca, fundamentalmente, a mellora da calidade de vida da veciñanza ao poder gozar dunha contorna máis amable, máis ‘vivible’ e cuns servizos adaptados ás necesidades dun municipio do século XXI”, asegura Digna Rivas, alcaldesa de Redondela.

Uns traballos que , engade a alcaldesa, “permiten, pouco a pouco, a transformación dos espazos, tanto nos núcleos urbanos como nos rurais, a fin de mellorar a mobilidade, as condicións de vida e dotar aos veciños e veciñas, dos servizos aos que teñen dereito independentemente do lugar onde residan”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará