“Lembra, comeza, imaxina” é o texto que acompaña á nova imaxe institucional do concello de Soutomaior inspirada nos principais símbolos municipais e que busca unificar a súa comunicación. Tras a aprobación da nova bandeira, o goberno local acaba de estrear as súas novas identidades, a institucional e a corporativa. Unha nova cara ao público coa que o goberno local pretende transmitir un concepto de modernidade máis propio dos novos tempos, explicou o alcalde, Agustín Reguera, durante a presentación desta mañá.
As novas identidades xorden da combinación e a simplificación dos elementos do escudo oficial, conseguindo unha nova identidade institucional máis moderna baixo a que unificarán todas as áreas e actividades municipais seguindo os mesmos criterios estéticos.
Do mesmo xeito, durante a presentación o alcalde destacou que para a construción da lema que completa a nova imaxe corporativa seleccionáronse tres conceptos que identifican ao municipio. Tres palabras, tres conceptos que nos definen: lembra, comeza, imaxina, “o noso pasado histórico, o presente e o brillante futuro que Soutomaior ten por diante”, explicou.
Os novos logotipos deseñados utilizaranse de maneira paralela e complementaria ao escudo heráldico, que queda reservado á nova bandeira municipal e a soportes específicos que pola súa solemnidade requírano como os títulos acreditativos o estandartes, entre outros.
O obxectivo é implantalo nun período de tempo máis curto en todos os documentos de traballo diario e na cartelaría institucional das actividades municipais, mentres que, na senalética, o parque móbil e os grandes soportes será necesario un prazo máis longo que variará en función do seu estado.
Para garantir que todos os elementos da nova imaxe sexan empregados con propiedade e de forma clara, recoñecible e identificable, estes recolléronse nun manual de identidade que fixa todas as tipografías, variacións, cores, símbolos e usos permitidos.