Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Isabel Blanco presenta en Redondela o libro “Galegas na ciencia”

mulleresnaciencia

Un total de 20 mulleres pioneiras en diferentes ámbitos científicos son as protagonistas deste libro que se presenta o xoves na Casa da Cultura ás 20:00 horas co gallo da conmemoración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Un libro que busca visibilizar o traballo das mulleres que se dedican ás áreas da ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas (STEM, nas súas siglas en inglés).

De Isabel Zendal (1777) a María Teresa Miras Portugal (1948), este libro recolle as biografías de vinte científicas galegas. Unha elección que responde a diferentes criterios como o feito da súa galeguidade, é dicir, que fosen mulleres, nadas ou non en Galicia —a maioría naceron aquí— cuxas vidas profesionais se desenvolvesen ou estivesen fortemente vinculadas a esta terra e que foran mulleres que abriran as portas do mundo científico e tecnolóxico ás que viron detrás.

A oceanógrafa Angeles Albariño, Angeles Ruiz Robles inventora da enciclopedia mecánica e precursora do libro electrónico, Olimpia Valencia primeira médica xinecóloga galega, Antonia Ferrín primeira astrónoma galega… e así ta vinte nomes de mulleres que malia as súas vidas extraordinarias son “inxustamente descoñecidas”.

Para paliar esta eiva Blanco fai un percorrido polas súas vidas nun libro que conta con ilustracións de María Lapido e que ademais de presentarse a todo o público o xoves na Casa da Cultura chegará aos centros educativo da man da súa autora, quen manterá encontros co alumnado dos centros escolares comezando o mércores 9 de febreiro as 10.40 horas no IES Illa de San Simón para continuar o venres 11 de febreiro ás 12.20 horas no IES Mendiño; o 24 de febreiro ás 9 horas no IES Pedro Floriani e rematar o luns 7 de marzo no IES de Chapela ás 13.20 horas.

Trátase, explica a alcaldesa Digna Rivas, “de crear referentes femininos para as nenas en idade escolar descubran o importante papel que as mulleres desenvolveron na ciencia ao longo da historia e que poidan contribuír a elección destas especialidades á hora de realizar os estudos”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará