Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Banco de Alimentos necesita voluntarios para varias Operacións Quilo

zampakilos

A primeira delas levarase a cabo o fin de semana do 11 e 12 de marzo en preto dunha trintena de supermercados do grupo Vegalsa-Eroski situados por toda a  provincia de Pontevedra e tamén en Redondela. As persoas interesadas en colaborar poden darse de alta a través da web: www.bancoalimentosvigo.org

O Zampakilos solidario mobilizará a un número importante de voluntari@s en Vigo, Pontevedra, Redondela, así como Val Miñor, Baixo Miño, O Salnés e Deza. Desenvolverase dunha maneira mixta, é dicir, os doantes que acudan aos supermercados adheridos poderán entregar alimentos físicos aos voluntarios ou, se o prefiren, facer achegas económicas ao pasar por caixa. Como xa ocorreu durante a Gran Recollida, co diñeiro recadado, Vegalsa-Eroski habilitará un saldo a favor do Banco de Alimentos para a compra posterior dos produtos máis necesarios.

Trátase de regalar catro horas do noso tempo a favor das persoas máis vulnerables ás que a entidade atende na provincia. As persoas interesadas en facerse voluntarios poden facelo de maneira sinxela e rápida a través da web: www.bancoalimentosvigo.org

Tras esta primeira campaña, está previsto levar a cabo outras recollidas de alimentos os próximos meses. O obxectivo é ir recuperando este tipo de accións solidarias, que estiveron moi limitadas os dous últimos anos con motivo da pandemia

Estas tradicionais Operacións Quilo supoñen un impulso importante na recollida de produtos de primeira necesidade, co correspondente abastecemento dos almacéns de Vigo e Pontevedra

O Banco de Alimentos de Vigo repartiu máis de 2 millóns de quilos de alimentos durante 2021. Con carácter apolítico e aconfesional, na actualidade axudan unhas 22.000 persoas desfavorecidas da provincia ás que chegan a través de 150 ONG e entidades.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará