Emotiva xornda de remo a vivida esta fin de semana en augas do Morrazo. A SD Tirán celebrou o Memorial Jacobo Currás de Bateis, co que se conmemoraba o 10º aniversario do falecemento deste remeiro. Ao mesmo tempo gardouse un minuto de silencio polo naufraxio do Villa de Pitanxo.
A proba celebrouse o sábado, logo de ter que adiarse a semana anterior polo mal tempo. O club de Chapela fíxose co 1º e 2º posto nas categorías Absoluta feminina e Cadete masculina, coa prata en Xuvenil masculina e co bronce en Absolita masculina. En xuvenil feminino a segunda posición foi para o barco do CCD Cesantes (mixto), por detrás de Samertolameu.
Na categoría feminina o trofeo levouno por puntos SD Tirán e na masculina Samertolameu.
A competición da liga galega de bateis continuará na próxima fin de semana coa Bandeira de Vigo, organizada polo CR Virxe da Guía.