Redondela súmase a unha nova edición do Festival Converxencias Galicia-Portugal. Faino cunha intensa xornada de actividades para todos os públicos que se vai desenvolver o sábado 26 da man do Colectivo Sinha Paca e en colaboración co Concello. Obradoiros para as crianzas, charlas e un concerto “Tributo a Zeca Afonso e Rosalía de Castro” forman parte dun programa que terá lugar no Multiúsos da Xunqueira.
Baixo o título “Venham mais cinco” o Colectivo Sinha Paca artellou un programa de actividades que arrancará xa de mañá cos obradoiros para crianzas, nos que nenos e nenas de Galicia e Portugal daranse cita previa inscrición no rexistro do Concello antes do día 24.
Xa pola terá lugar a presentación do libro “O Zaca para crianças” con participación de Bruno Vilela e Berte Románs ás seis da tarde. Media hora despois desenvolverase unha charla coloquio na que se disertará sobre a relación e a presenza do Zeca Afonso na Galiza con participación de Jaime Torre, Uxía Senlle e Xico de Carinho así como do xornalista redondelán José Angel Xesteira quen lembrará o concerto do Zeca en Redondela a onde el mesmo asistiu como público nos anos 80.
Pechará a xornada un concerto tributo a Zeca Afonso e Rosalía de Castro a cargo do grupo “Canto d’aquí” chegados dende Braga, que estarán acompañados no escenario doutros artistas convidados e interpretarán poemas musicados de ambos os dous artistas.