Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela ofrece un curso de defensa persoal para mulleres

defnesa

O pavillón da Marisma acolle este sábado en horario de mañá un seminario de defensa persoal no que as participantes aprenderán técnicas para se defender en caso dun eventual ataque. Unha actividade orientada a calquera idade e sen necesidade de contar con coñecementos previos en deportes de contacto. Pola tarde as clases serán abertas a todo o público en xeral.

Organizada dende o ximnasio JJ Sport en colaboración co concello e a Asociación española de defensa persoal, as participantes neste seminario gratuíto aprenderán conceptos e técnicas eficaces de autodefensa. Ao longo de dúas horas e media (11:00 a 13:30 horas) recibirán este curso intensivo e eminentemente practico do que nos falaba Jennifer Mouriño organizadora da actividades.

En horario de mañá a proposta centrarase en mostrar os recursos cos que poden contar as mulleres para escapar de situacións de abuso, agresións ou violencia de xénero, empregando técnicas de defensa e practicando técnicas de autoprotección.- Xa pola tarde, en horario de 5 a 8 horas, impartirase outro curso, neste caso aberto a participación tanto de mulleres como de homes.

As persoas interesadas en inscribirse non teñen máis que chamar ao teléfono 886302225. Tamén nese número poden obter información dos cursos de defensa persoal que se imparten no ximnasio organizador de forma continuada durante todo o ano, unha actividade que fora suspendida por mor da pandemia pero que ven de retomarse tanto para os máis pequenos como para os maiores.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará