Despois de dous anos de ausencia por mor da pandemia, Soutomaior recupera a XX edición do Concurso-Exposición, organizado polo Concello. O certame terá lugar os días 12 e 13 de marzo no Castelo de Soutomaior, cuxos xardíns son tamén nesta época todo un expositor ao aire libre das diferentes especies que alí se cultivan. Os produtores interesados en participar teñen de prazo para se inscribir ata este 4 de marzo.
Os participantes poderán optar a diferentes premios, xa que se recoñecen a mellor flor, a mellor composición artísticas e tamén o mellor traballo escolar. E como todos os anos, para involucrar aos comerciantes da localidade anímase aos propietarios de locais comerciais e adornar os seus escaparates con motivos florais, outorgándose tamén premios ás mellores flores e aos escaparates mellor decorado.
E como todos os anos haberá un premio especial Lelita Gradín, na honra da presidente da Asociación de Veciños 8 de decembro quen puxo en marcha por primeira vez este Certame. Unha cita que se desenvolvía na Cas do Pobo de Val Sobral e que despois de tres edición foi necesario trasladar debido ao seu éxito. Dende o 2004 esta cita realízase no Castelo en colaboración coa Deputación de Pontevedra, sendo unha das citas máis esperadas para os afeccionados á xardinería e a floricultura e a que tradicionalmente asisten centos de persoas.