Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

III festival internacional de Big bands con David Pastor

david pastor

A Concellaría de Cultura e a Xingros Big Band en colaboración coa Orquestra de Saxos e o Conservatorio Profesional de Música Victor Ureña organizarán os días 10, 11 e 12 de Marzo o III Festival Internacional de Big Bands de Galicia, que celebrará unha segunda sesión o vindeiro mes de xullo. Master class e concertos nos multiúsos de Redondlea e Chapela forman parte do programa deste festival.

Nesta terceira edición, o artista principal é David Pastor, un dos mellores e máis grandes trompetistas e jazzmen do panorama nacional e internacional, solista e profesor de master class de improvisación e trompeta. Será el o encargado das clases que se impartirán xoves, venres e sábado no conservatorio de Redondela. Tamén actuará xunto coa Xingro’s Big Band nos dous concertos previstos, o primeiro no Mulitúsos da Xunqueira o venres ás 20:00 horas, o segundo ao día seguinte no multiúsos do Piñeiral en Chapela no mesmo horario.

O festival estará integrado no conxunto de actividades que desenvolve o Conservatorio Profesional de Música de Redondela como Escola Asociada á UNESCO desde 2018, sendo o único Conservatorio Profesional de Música  Municipal de Galicia pertencente á rede entre as máis de 10.000 e máis de 180 países de todo o mundo. Promovendo o entendemento internacional, a paz, o dialogo intercultural, o desenvolvemento sustentable e a educación de calidade. Por iso, o festival terá un carácter moi pedagóxico, contando con conferencias e master class.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará