Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Manuel Fernández Lago: “O Rodosa Chapela vai pelexar ata o final”

ManoloBMchapela

O BM Chapela desta temporada nada ten que ver co das últimas campañas, ocupando as prazas altas da táboa en busca da fase ascenso. A renuncia de Fran Teixeira o pasado verán por motivos de saúde, pouco antes do seu falecemento, supuxo un punto e aparte no club que se viu obrigado a reinventarse. Miguel Sánchez, cunha longa traxectoria no Chapela, fíxose cargo do equipo e tivo que configurar o plantel en tempo récord. O comezo de temporada foi difícil, os resultados non chegaban e, malia a mellora de xogo do equipo, Sánchez dimitiu como técnico en febreiro logo de sumar tan só un empate. Manuel Fernández Lago, técnico do equipo de Segunda Autonómica da SAR, tomou o relevo. Vencellado á SAR desde hai anos, para Fenrández Lago esta é a primeira experiencia en categoría Nacional. Aceptou a proposta do BM Chapela animado pola propia directiva da SAR e a súa familia. Coñecedor da difícil situación do equipo chapeleiro, decidiu dar un paso adiante “e probar”. Recoñece que, malia a situación do equipo como pechacancelas do grupo “o plantel conta con xogadores de calidade”. O problema era sobre todo “de confianza”, sinala o técnico.

Manuel Fernández Lago, adestrador do Rodosa Chapela

O pasado domingo, na xornada 21, chegou o primeiro triunfo do BM Chapela. E fixérono ao grande, na casa, diante dun dos equipos máis fortes da categoría e malia sufrir unha lesión o porteiro local. No partido co Ingenio o Chapela ofreceu a súa mellor versión, e mesmo superou a lesión do porteiro local Kevin, que sufriu unha contractura na primeira metade e xogou o resto do partido con moitas limitacións de mobilidade. Por iso o adestrador sinala que a partir de agora “serán capaces de todo” xa que demostraron ser un equipo “moi competitivo” e asegura que pelexarán “ata o final”.

O Rodosa Chapela pelexará “ata o final” para tentar o obxectivo da permanencia

Coa inxección de moral que supón esta primeira vitoria, na próxima fin de semana visitan a pista do Calvo Xiria. Un complicado desprazamento a Carballo que no club afrontan como un novo reto. O técnico asegura que “teñen moito que gañar e nada que perder” e que calquera rival terá que pelexar e facer as cousas moi ben se queren gañarlles.

Esta fin de semana viaxan a Carballo para medirse ao Xiria

Agora o equipo ten que “seguir soñando” aínda que a permanencia semella moi complicada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará