Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Taller para superar a fenda dixital e facilitar o uso dos móbiles entre os maiores

Shot of a senior woman using a mobile phone in a retirement home

O Concello de Redondela busca a inclusión tecnolóxica das persoas maiores a través dos obradoiros ‘Persoas Maiores Conectadas’. A actividade, que se desenvolverá nas trece parroquias do municipio a partir do 14 de marzo, busca que os participantes poidan aproveitar os recursos dos seus dispositivos móbiles para realizar actividades de relación coa administración, interactuar na banca electrónica, utilizar os buscadores online para atopar lugares de interese ou mesmo facer reservas e o xeito de utilizar con seguridade as rede acceder á banca electrónica ou utilizar as redes sociais. A inscrición deberá realizarse a través dos Rexistros oficiais do Concello.

Os obradoiros, organizados dende a concellería de persoas maiores que xestiona Iria Vilaboa, terán lugar nas 13 parroquias do municipio para evitar que as persoas interesadas teñan que realizar desprazamentos e dentro da filosofía do Goberno local de primar “levar ás actividades ata as persoas e non ás persoas ata as actividades”. Os cursos terán unha duración de 26 horas distribuídas en clases de unha hora e media á semana.

Serán un total de 11 apartados cos que conte esta acción formativa que comezará coa Iniciación ao smartphone, no que se lles dará cumprida explicación da pantalla, os menús flotantes, botóns de control, axenda telefónica e principais axustes.

Unha vez familiarizados cos elementos básicos dos seus dispositivos, comezaranse a desenvolver apartados específicos como Cámara e galería, Apps, WhatsApp, Sergas Móbil, Seguridade no Móbil, Facebook, Instagram, Google e Google Chrome, Códigos QR, e, finalmente, unha Guía para entrar na banca electrónica.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, chamou a atención todos os temas incluídos “nun programa completo pero, ao mesmo tempo, ameno e práctico, que lles permita coñecer e utilizar todos os recursos que teñen os seus teléfonos móbiles tanto para o ocio como para a interrelación con administracións e outros organismos”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará