O Somozas adiantouse moi pronto no marcador e anotou o 2-0 antes o descanso. Un gol de Toni ao final do partido recortou as distancias, pero xa sen tempo para a igualada. En fútbol sala Pazos e Redondela seguen á cabeza da Prerente logo de impoñerse a As Neves e Cíos Vigo respectivamente.
Terceira División
UD Somozas 2-1 CD Choco
O UD Somozas adiantaríase no marcador aos seis minutos cun tanto de Manu Núñez quen aproveitou un balón rexeitado e que puxo pola a escadra sin ningunha opción para o gardameta choqueiro, David Cortegoso. A ocasión máis clara desta primeira metade para o equipo redondelán chegaría da man de Félix no 27’ pero a sorte non o acompañou e o balón marchou fóra. Si aproveitaron as súas ocasións os locais, cun remate de testa de Marcos Álvarez que puxo o 2-0 no electrónico antes do descanso. Tras o paso de vestuarios o Choco intentou reducir distancias e Maceira tivo dúas ocasións para facelo, pero faltou acerto. Habería que esperar ata o minuto 85 cando Toni Armada logra batir ao cancerbeiro Aitor, subindo o primeiro para os seus. Entrementes o Somozas intentaba defender o resultado a favor os choqueiros buscaban a igualada, pero non houbo tempo para máis e o CD Choco suma unha nova derrota, polo que continúa en postos de descenso.
Esta semana de novo repite dobre compromiso; o CD Choco xogará o partido adiado contra o Sofán.
Primeira Galicia
O Grove 1-2 Arcade
O Arcade impúxose ao pechacancelas no campo do Monte da Vila.
Segunda Galicia
Atl Vilar 1-1 Xinzo
O equipo de Redondela deixa a posición de colista do grupo logo do empate ante o Xinzo, agora son penúltimos. Na próxima xornada visitan o campo do Louro.
Cesantes 1-4 Marín
O Cesantes perdeu o duelo no pozo da táboa e o Marín, malia seguir último, recórtalle distancia. Na próxima xornada o Cesantes ten descanso.
Soutomaior 5-0 Domaio
Goleada do Soutomaior, que a próxima xornada visita o campo do Cruceiro
Fútbol Sala Terceira
Noia 4-2 Campito Chapela
Os de Chapela competiron pero non puideron cos anfitrións, o sempre difícil Noia. Na próxima xornada o Campito recibe en Chapela ao Xove, un dos equipos máis fortes do grupo, 3º na táboa
Preferente Sur
Cíos Vigo Mondariz 1-7 Redondela Maramar
Os de Redondela siguen puntuando, fixérono con goleada, e manteñen a segunda praza. Próxima xornada Redondela – Valladares
Arealonga 1-6 Baíña
Os de Chapela non puideron co Baíña, un dos equipos fortes do grupo que xa se sitúa no 3º posto da táboa. Próxima xornada Balona Linense-Arealonga
Pazos 7-3 As Neves
Os de Fran Amoedo seguen imparables, líderes indiscutibles da categoría e invictos polo de agora. Onte gañaron con claridade ante as Neves, actual campión de Liga. O venres xa fixeran o propio no partido aprazado ante o Marín (Pazos 8-2 Marín Futsal). Na próximoa xornada visitan a pista da Quinta de Tui.