Os dous equipos lograron senllas vitorias nas súas citas na fin de semana. Peor sorte correu o equipo de honra prata feminina que non foi quen de importe ao Unión Financeira.
División de honra prata feminina
Unión Financeira 36- Sar Rodavigo 25
A SAR Rrodavigo caeu derrotada na súa visita a Asturias, nun partido no que as de Redondela sufriron na segunda parte con moitas perdas de balón. As de Verónica Posada sitúanse no noveno posto da clasificación e na vindeira semana teñen que solventar un difícil derbi. Reciben ao Porriño, cuartas da táboa
Balonmán Primeira Nacional
BM Ingenio 24-25 SAR Plastic Omnium
Os de Redondela visitaban o campo do Ingenio, partido difícil pero malia todo a Sar fíxose coa vitoria por 24-25. Segunda vitoria consecutiva para a Sar cun emocionante final tras un gol de Iván Vazquez a favor dos de Redondela. Na próxima fin de semana xogan na casa e reciben a un dos rivais fortes da táboa, o Lanzarote, situado na terceira posición.
BM Tejina La Laguna 27-30 Rodosa Chapela
Vitoria tamén para o rodosa chapela que lograba unha importante vitoria, segunda da tempada, na súa visita a terra canarias. Xogaban no campo de la Laguna contra o Tejina e lograban a vitoria por 27-30. Malia todo o equipo de chapela segue de pechacancelas do grupo e reciben na vindeira xonrada ao Cañiza, oitavo clasificado.