Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xuizo contra un ex encargado de Plastic Omnium por acoso a unha traballadora

xulgado

A afectada presentou denuncia contra a empresa con sede en Redondela e contra o seu ex superior xerárquico, co que mantivera unha relación sentimental, segundo explican dende a CIG.

O Xulgado do Social número 7 de Vigo acolle mañá martes 29 de marzo a partir das 10:00 horas o xuízo por acoso laboral con agravante de xénero a unha traballadora de Plastic Omnium por parte dun ex encargado da empresa. No xuízo -que fora suspendido con aterioridade en dúas ocasións- dirimirase a denuncia presentada pola afectada contra a compañía e contra o ex encargado responsábel do acoso. A empresa e o acusado intentaran chegar a un acordo coa traballadora o pasado 4 de xuño, data na que inicialmente ía ter lugar o xuízo, ofrecéndolle unha cantidade económica a modo de indemnización. A cambio, o acusado quería que constase que non asumía os cargos e solicitaba que a afectada renunciase a calquera tipo de acción xudicial posterior. En consecuencia, a traballadora rexeitou o acordo, polo que o proceso xudicial seguiu o seu curso.

As demandas contra Plastic Omnium e o encargado presentáronse despois de que a afectada denunciase diante da empresa que estaba a ser obxecto de acoso laboral e por razón de sexo. A raíz desta denuncia activouse un procedemento de investigación interno que determinou a existencia de acoso e que derivou en medidas contra o acusado, como a perda da súa condición de encargado.

A comisión instrutora da denuncia trasladoulle á empresa e necesidade de establecer medidas para a prevención e o tratamento de acoso que a dirección non levou a cabo.Segundo explican dende a CIG, o acoso comezou unha vez que o acusado, que mantivera unha relación sentimental coa traballadora no pasado, foi nomeado encargado, e polo tanto superior xerárquico da afectada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará