Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O pleno aposta por recuperar a Finca da Xinaria como pulmón verde para Chapela

fincaxinaria

O pleno de Redondela aprobou por unanimidade unha moción presentada por AER que busca recuperar medioambientalmente os terreos da finca da Xinaria en Chapela. Unha parcela de máis de 12.000 metros cadrados na que se realizarán diferentes actuacións encamiñadas a recuperar as especies arbóreas autóctonas destinando dous mil metros cadrados para a creación dunha aula medioambiental ao aire libre. Unha actuación que ao entender de AER non supón un gran investimento económico e que só depende da vontade política do concello.

A proposta de AER solicitaba o apoio do resto dos grupos para realizar diferetnes actuacións nesta parcela na que se sitúa o Colexio Igrexa e na que está previsto tamén unha futura escola infantil.

Por unha parte, propoñen a eliminación de especies invasoras e a reforestación dos noiros e espazos verdes das instalacións educativas. Asemade, a recuperación do Bosque de Ribeira nun espazo que linda co colexio e co Rego Maceiras, onde a día de hoxe aínda se conservan especies típicas dun bosque de ribeira galego. Dentro desta actuación AER propón, asemade, a reserva de 10.000 metros cadrados de finca para a realización dun proxecto de recuperación e arraigo de especies arbóreas e arbustivas autóctonas co fin de favorecer a proliferación do resto de especies vexetais e animais que representan o hábitat dun bosque de ribeira ben estruturado. Finalmente a moción incluía tamén unha reserva de 2.000 metros cadrados na que se disporían mesas e asentos de materias naturais para que os centros educativos do concello poidan utilizalo de aula ao aire libre. Ademais, crearanse sendeiros polo resto da zona verde con paneis educativos sobre o bosque de ribeira e a conservación da natureza, podendo así impartir clases educativas nun espazo e natural de máis dunha hectárea.

Roberto Villar, AER

Unha proposta que o concelleiro do BNG Xoan Carlos Gonzalez, cualificaba de moi acaída “nunha parroquia que precisa de espazos verdes” e por entender que a instalación dunha aula ambiental en dita parcela  “serviría para completar as instalacións educativas aí creadas”.

Xoán Carlos González, BNG

Os populares aplaudían tamén a proposta. De feito, o edil Miguel Ángel Álvarez Ballesteros, explicaba que era unha idea que tiña en mente canto era concelleiro de Medio Ambiente e propoñía ir máis aló “adquirir as parcelas que lindan co río para así facilitar un sendeiro ao carón do Maceiras de uso público”.

Miguel Ángel Álvarez, PP

O PSOE votou tamén a favor pero criticou que non se tivera falado con anterioridades coas asociacións da parroquia e insistiu en que para proceder a recuperación deste espazo verde é preciso contar con financiamento.

Alberto Álvarez, PSOE

Un financiamento que podería vir dos fondos do Redondela 2020, explicaba o edil de AER, quen insistía ademais en que “máis que unha cuestión económica, esta actuación o que precisa é de vontade políticas”.

Vontade política
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará