Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Récord de visitantes no regreso da Festa da Ostra

festa ostra

O Concello cifra en máis de 35.000 as persoas que se achegaron a esta celebración gastronómica que regresaba a Arcade logo de dous anos de ausencia por mor da covid.  A afluencia de visitantes nesta XXXIV edición durante o fin de semana disparou as vendas até superar amplamente as 100.000 unidades vendidas en edicións previas.

A Festa da Ostra regresou este ano con máis forza que nunca. A boa climatoloxía e as ganas dos veciños de recuperar as celebracións impulsaron a XXXIV edición até a súa record histórico de asistencia, máis de 35.000 persoas en todo o fin de semana e ao redor de 115.000 unidades de ostra vendidas.

As boas temperaturas foron o acompañante perfecto no día grande da celebración, este domingo. Unha xornada que tivo o seu punto alto co tradicional pregón, que este ano corría a cargo do chef local, Paco Corral, como parte da homenaxe da celebración ao sector hostaleiro.

A celebración gastronómica, considerada de Interese Turístico desde 2002, segue crecendo ano tras ano, convertendo Arcade nun fervedoiro de xente. No recinto, o molusco ofrecíase a 10 euros a ducia ao natural, ademais podíanse adquirir botellas de viño albariño como acompañamento. A oferta completouse nos máis de 15 establecementos hostaleiros que colaboraban na celebración e que ofrecían diferentes preparacións.

Unha das novidades desta edición era a creación dun punto lila contra a violencia de xénero. Unha iniciativa destinada a aumentar a seguridade de todas as mulleres que asistiron á celebración, proporcionando información e activando os protocolos de agresión ou acoso en caso de ser necesario. Ademais, esta iniciativa incluía a instalación dun punto de lactación para as nais que necesitasen atender aos seus bebés nunha contorna privada e perfectamente habilitado.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará