O pleno do concello aprobou por unanimidade outorgar esta subvencións nominativas a diferentes colectivos que desenvolven as súas accións no ámbitos social (Asociación Contra o Cancro, Lenda, Cáritas, Andaina ou a Asoicación co Pobo Saharaiu) asociacións culturais como Xente Titiriteira ou Millo Verde e asociación deportivas (Club de Remo de Cesantes e Club de Remo de Chapela). Beneficiaranse tamén destas axudas colectivos como a Confraría de Redondela e a Asociación de Empresarios.
Unha proposta que contou co apoio de todos os grupos, malia que a oposición aproveitou para criticar que redondela continúe sen orzamentos “documento que xa pdoería contemplar este tipo de subvencións”. O BNG solicitaba tamén que se debería ter incrementado a axuda a Asociación do Pobo Saharaui “abandonados polo estado español pero cuxo sufrimento debería ser mitigado aló menos con axudas que favorezan que se traballe na chegadas de todos eses nenos que veñen a Galicia dentro do programa Vacacións en paz”.
Tamén dende AER entenden beneficioso incrementar as axudas que se conceden ao Pobo Saharauí e valoran principalmente que se axilicen estas axudas para garantir a seguridade económica para os colectivos e asoiciación beneficiarios.
Dende o PP afeáronlle ao goberno socialista, unha vez máis, que non teñan orzamentos e “que se continúe traballando coas contas prorrogadas de hai tres anos”.