A Castelo agarda unha notable afluencia con visitas aos xardíns e á fortaleza, incluíndo este ano a visita ao muíño recentemente restaurado. A Deputación de Pontevedra, que vén de musealizar tamén o Castelo de Sobroso, sitúa a este provincia como o único destino galego con espazos fortificados adaptados ás novas tecnoloxías e ás multiexperiencias que demandan as persoas turistas.
No Castelo de Soutomaior xa están pechadas visitas de grandes grupos e de persoas que formalizaron a compra das súas entradas. Ademais das visitas individuais, grupais e por libre dos xardíns e do castelo, como novidade, esta Semana Santa as persoas que se despracen ata a fortaleza poderán gozar do Muíño das Afreitas, recentemente restaurado pola Deputación, e ver como se realizaba antigamente a moenda de cereais.
O Castelo ten abertos os seus xardíns nesta temporada entre as 10 e as 19.00 horas de martes a domingo. No que respecta ao propio castelo pode visitarse de martes a venres de 10 a 19 horas e os sábados, domingos e festivos de 10 a 18 horas. Ofértanse entradas individuais e visitas guiadas tanto aos xardíns e o castelo como soamente ao castelo que poden adquirise directamente alí ou a través de entradas.castelodesoutomaior.com.