Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco faise cun punto no campo do Estradense e prepara o partido ante o Bouzas 

choco

Logo de ir co marcador en contra dende o minuto 13 do partido, Alex Figueroa lograba igualar o encontro no minuto 81. Os de Juan Amoedo teñen outra importante cita este mércores en Santa Mariña. Reciben ás 20:30 horas ao Bouzas.  

Costoulle aos de Juan Amoedo puntuar na casa do CD Estradense. O primeiro tanto dos locais chegaría pouco despois do inicio, cando no minuto 13 tras un saque de esquina Borja MIguéz remataba sen nengún impedimento cara á portería de Cortegoso. 

Coa vantaxe no electrónico o equipo local faríase co control do partido e do esférico pero sen atinar na diana, aínda que as ocasións eran continuadas. Tamén os choqueiros tiveron as súas oportunidade, máis tampouco estiveron atinados de cara o gol.  

O resultado non cambiaría cando se chegaba o tempo de descanso.  

Tras o paso por vestiarios, o CD Choco deu un paso cara diante e gañou terreo e posesión do esférico. As acometidas á portería rival eran continuas, os achegamentos perigosos pero terían que esperar a unha falta tirada por Caloi e rematada por Figueroa para poder celebrar o seu primeiro e único gol. 

Tras o tanto, o equipo redondelán ben puido levarse o partido, pero finalmente só puideron facturar un punto que terán que facer bo ante o Rápido de Bouzas o mércores ás 20.30 horas en Santa Mariña.  Un encontro moi complicado, ao que os de Redondela chegan moi necesitados de puntos, mentres que o Bouzas se atopa nunha posición moi cómoda, no cuarto posto da táboa.

Ficha técnica:

CD Estradense: Diego (p), Mateo, Piñeiro, Borja, Rey, Carabán, Javier Vázquez, Mella, Martín, Ángel y Eduardo. También jugaron Miguel Fernández, Raúl, Brais, Victor y Uriol.

Club Deportivo Choco: David Cortegoso (p), Ronald, Alberto Suárez, Comis, Caloi, Félix, Álex Pérez, Toni Armada Álex Figueroa, Berni y Monroy. Tamén xogaron Jorge Maceira, Chisco.

Goles: 1-0 Borja Gil (13’); 1-1 Álex Figueroa (81’)

Os colexiados Marcos Padin, David Rapela, Juan Carlos Blanco amoestaron aos locais Ángel Muñiz, Javier Vázquez, Uriol e a Martin. E aos visitantes Berni.

Incidencias: partido correspondiente á xornada 31 do camiopnato da Terceira RFEF, disputado no MPL Estrada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará