O foco, verificado polos técnicos do Plan de Control de Vertidos da Xunta mediante analítica, tiña a súa orixe nun punto de evacuación de augas pluviais na desembocadura do río Pugariños, na praia de Arealonga. Augas de Galicia notificoulle a situación ao Concello de Redondela para que procedese a adoptar as medidas necesarias para emendar o foco contaminante. Os técnicos da Xunta constataron recentemente que as accións para a conexión á rede de saneamento municipal das acometidas irregulares en varios inmobles do barrio de Pasán permitiron a emenda do vertido.
Este foco foi localizado no marco das inspeccións rutineiras levadas a cabo polos técnicos do Plan de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, neste municipio pontevedrés.
Os inspectores desprazados á zona identificaron a orixe do vertido, mediante control analítico, nun punto de evacuación de augas pluviais localizado na desembocadura do río Pugariños, na praia de Arealonga, cara á ría de Vigo.
Augas de Galicia notificoulle a situación ao Concello de Redondela para que procedese a adoptar as medidas necesarias para emendar o foco contaminante.
Nunha nova inspección, os técnicos da Xunta verificaron, mediante nova mostraxe, que as actuacións realizadas polo Concello para a conexión á rede de saneamento municipal das acometidas irregulares procedente de varios inmobles do barrio de Pasán permitiron a emenda do vertido.