Explican dende a Federación de Anpas que, ante a negativa da Xunta a facilitar o transporte ao alumnado de bacharelato e ciclos das parroquias, cómpre que o Concello adopte medidas de cara a facilitar este servizo as persoas afectadas. Neste sentido reclaman que se cuantifique o número de alumnado que queda sen transporte nos institutos de Mediño e Floriani e habilite un autobús co fin de garantir o acceso o ensino deste alumnado en igualdade de condicións independentementa do seu lugar de residencia. Unha solución que aseguran xa se está a implementar noutros concellos do país.
Reclaman tamén que se faga un estudo da seguridade viaria da contorna dos centros educativos do noso concello.
Outra das petición que os membros da Federación lle trasladaron ao Concello é a necesidade de que asuma a xestión das subvencións de Servizos Sociais destinadas a axudar a familias con necesidades económicas nos servizos de comedor escolar “na actualidade son as ANPAS as que xestionan estas subvencións o que supón acceder a información sensible competencia dos Servizos Sociais municipais”.