Hoxe é Mércores 30 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG leva ao Parlamento o transvasamento do Verdugo e o encoro de Forzáns.

eiras

O portavoz municipal e deputado Manu Lourenzo preguntará no vindeiro pleno sobre a proposta que a Confederación Hidrográfica Miño-Sil remitiu á Xunta e ao Concello de Vigo. Os nacionalistas denuncian que “de levarse adiante o contido neste informe os ríos Verdugo e Oitavén sofrerían unha agresión irreparable pero ademais estariamos a perpetrar unha agresión aos bancos marisqueiros do fondo da ría, que son rede natura e que dan de comer a miles de familias de varios concellos.

As medidas contempladas no informe Estudo de alternativas e documento ambiental para a mellora da garantía do abastecemento na zona sur da Provincia de Pontevedraserán abordadas no vindeiro pleno do Parlamento de Galicia que se celebrará nos vindeiros días 26 e 27 de abril.

No documento que a Confederación Hidrográfica Miño-Sil remitiu á Xunta e ao Concello de Vigo contémplase como opción prioritaria para o abastecemento da cidade de Vigo a construción dun encoro na parroquia de Forzáns, en Ponte Caldelas e un transvase no encontro dos ríos Verdugo e Oitavén (en Soutomaior)

A este respecto Manu Lourenzo sinalou que “Vigo non ten un problema de abastecemento de auga, Vigo ten un problema de xestión. Non é normal que namentres se perden 4 de cada 10 litros de auga polo abandono e as perdas das redes de saneamento. Non semella razoable perpetrar agresións aos ríos e aos bancos marisqueiros da dimensión dun trasvase ou dun encoro, namentres en Vigo pérdense o 35% do caudal que entra na cidade ou se baldean as rúas con auga potable. É ademais dunha irresponsabilidade unha actuación que incumpre a lexislación europea.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará