Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Charla informativa sobre o plan de emerxencia ante un eventual colapso na presa de Eiras

encoro eiras

O Concello de Soutomaior organiza hoxe martes, a partir das 20:00 horas no multiusos de Arcade, unha charla para informar á cidadanía dos procedementos do plan de emerxencia que a Xunta de Galicia acaba de establecer ante posibles incidencias na presa de Eiras. O coloquio estará impartido por técnicos do Servizo de Emerxencias galego e contará coa presenza do alcalde, Agustín Reguera, e os membros de Protección Civil Soutomaior. Repartirase material didactico para que as familias poidan ter a man unha guía en caso de aviso do sistema de alerta temperá

A charla ten como obxectivo dar a coñecer entre a poboación os protocolos de actuación a seguir en caso suceder algunha incidencia na presa de Eiras, así como os principais riscos posibles e os medios a disposición dos veciños para garantir a súa seguridade en caso dunha hipotética inundación.

Entre outros conceptos explicaranse como son os tipos de aviso de sirena do sistema de alerta temperá instalado, os diais das emisoras de radio adscritas a este sistema na comarca e complementarase a información con material que os veciños poderán levar ás súas casas para telo a man en caso de necesidade.

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, destacou que, aínda que a presa de Eiras non comporta ningún risco considerable para a seguridade do municpio, “un maior coñecemento sobre como actuar en casos de emerxencia sempre nos fai máis fortes ante os posibles problemas”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará