Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Bacharelato de artes impartirase no IES Pedro Floriani

pedro

Nos vindeiros días abrirase un proceso de matrícula extraordinario para que todas as persoas interesadas poidan inscribirse. A Consellería esixe un mínimo de 11 alumnos para que o ciclo sexa unha realidade no curso 2022-2023.

Alberto Pazos, deputado do PP

A Conselleiro de Educación, Román Rodríguez, confirmaba aos representantes do PP, o seu compromiso de ampliar a oferta educativa en Redondela coa implantación do Bacharelato de Artes. Unha decisión que se demorou á espera de que o Ministerio de Educación publicase os currículos desta nova modalidade, segundo explicaba nos micrófonos da Radio Municipal o deputado autonómico Alberto Pazos.

Abrirase agora un período de matrícula extraordinario previsiblemente de 15 días para confirmar a existencia de demanda. Con todo, sería suficiente que se apuntaran un total de 11 alumnos para que a oferta sexa unha realidade en cuestións de meses. Adiantaba tamén Pazos que por cuestións de espazos serán as instalaciones do IES Pedro Floriani onde se realice esta formación.

A demanda do Bacharelato de Artes foi un dos cabalos de batalla da comunidade educativa de Redondela e bisbarra logo de que en setembro no parlamento se acadara o acordo unánime a través dunha iniciativa do BNG de implantar esta formación sempre e cando existira demanda. As ANPAs chegaron incluso a saír a rúa para reivindicar esta mellora que entenden beneficiará ao alumnado de Redondela pero tamén doutros concellos da bisbarra, que non terán así que desprazarse a Vigo, Pontevedra ou Mos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará