Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Eulogio Parga e María Teresa Míguez, lectores do ano nas Bibliotecas Municipais

bilio lectores

As Bibliotecas de Redondela e Chapela fixeron entrega dos galardóns aos usuarios maiores de 14 anos máis activos durante o pasado 2021. Un recoñecemento que fan cada ano enmarcado nas celebracións polo Día Mundial do Libro co obxectivo de animar e fomentar a lectura.

Os galardoados foron Eulogio Parga na Biblioteca P. M. Xela Arias de Chapela e María Teresa Míguez na Biblioteca P. M. Valle-Inclán de Redondela, quen recibirán como premio un vale para a adquisición de libros nunha librería do municipio. Ao tempo son nomeados socios de Honra das bibliotecas ata a celebración do próximo ano,  o que lle das a oportunidade de levar un maior número de documentos en préstamo durante ese tempo.

Unhas celebracións en torno ao Día do Libro que nos deixan tamén unha cita este mércores en Chapela cun obradoiro literario para xente nova a cargo do educador e animador sociocultural Xulio Varela. Unha proposta orientada a rapaces e rapazas de entre 8 e 12 anos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará